Feijóo: "Estamos máis orgullosos que nunca da sanidade pública"

O presidente galego participou este luns na xunta directiva provincial do Partido Popular de Lugo 

Feijóo y Candia durante la junta directiva provincial del Partido Popular de Lugo. SEBAS SENANDE
photo_camera Feijóo e Candia durante a xunta directiva provincial do Partido Popular de Lugo. SEBAS SENANDE

O candidato á presidencia do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, dixo este luns que "tras anos de mentiras dos partidos da oposición", hoxe "os galegos senten máis orgullosos que nunca" da "sanidade pública" de Galicia, aínda que os populares xa están a traballar para seguir mellorándoa.

Nese sentido, subliñou que, de cara ao futuro, o Partido Popular aposta por unha Atención Primaria máis próxima ás necesidades dos profesionais e dos pacientes, así como por responder á necesidade de contar cunha convocatoria extraordinaria de MIR para médicos de familia e por incrementar as prazas de formación en especialidades deficitarias, como Atención Primaria ou Pediatría.

Tamén, engadiu, por mellores infraestruturas e espazos máis humanizados, con hospitais máis cómodos para os pacientes e para as súas familias; por máis tecnoloxía e por unha maior atención á Saúde Mental.

Feijóo fixo estas declaracións durante a súa intervención na xunta directiva provincial do Partido Popular de Lugo para presentar o proxecto da súa candidatura ao décimo sétimo congreso autonómico da formación política, un conclave que será de reactivación "orgánica, de actualización ideolóxica e de ilusión", precisou.

Nesa reunión, o presidente da Xunta recordou que a pandemia ensinounos que en España hai "unha lexislación ordinaria que non serve" para facer fronte a situacións como as vividas no último ano, polo que, "ante o silencio e a desidia" do Goberno, o Partido Popular impulsou unha reforma da lei galega de saúde, copiada despois polos socialistas nas Baleares, aínda que nese caso non foi recorrida polo executivo.

Así mesmo, asegurou que Galicia mellorou a súa capacidade de diagnóstico e funcionou durante a pandemia como "un Hospital Único", con total flexibilidade de espazos e de recursos, unha visión unificada entre as áreas sanitarias e unha tremenda solidariedade e coordinación entre os profesionais.

Ao seu xuízo, esa combinación resultou ser "un modelo de éxito", clave na xestión dos peores momentos e útil para axilizar a atención aos enfermos.

Ademais, avanzou que se tomará como exemplo para o futuro o funcionamento das unidades posCovid, nas que profesionais de distintos servizos sanitarios tratan de forma integral aos pacientes, para trasladar esa experiencia ao tratamento e atención de enfermos crónicos, oncolóxicos ou con enfermidades raras.

Núñez Feijóo dixo que os populares levan "unha década" dicindo que a teleasistencia e a atención a domicilio son un complemento "magnífico" á atención presencial e hospitalaria, porque ademais "son clave" para atender "máis e mellor" a unha poboación envellecida e dispersa como a galega.

Nese sentido, fixo referencia ao beneficioso que foi durante a crise sanitaria o Telea ou o servizo de Hospitalizaicón a Domicilio, criticados no seu momento polos partidos da oposición.

Afortunadamente, engadiu, o PPdeG coñece "o país e a xestión sanitaria" e faille "máis caso ás necesidades dos galegos que ás teimas da oposición".

Por outra banda, engadiu que a Educación será tamén un dos principais eixos de traballo nos próximos anos, cunha aposta pola "excelencia educativa como vía de impulso social e económico".

En todo caso, recordou que Galicia viviu "a mellor década" en materia de educación, coas mellores cifras da historia no Informe Pisa, a redución á metade do abandono escolar, o desenvolvemento dun sistema de FP Dual, a implantación dun "exitoso modelo plurilingüe" ou a conxelación das taxas universitarias, de modo que Galicia é a Comunidade máis barata para estudar un grao ou un máster.

Para Feijóo "non é suficiente", polo que nos próximos anos proporá un modelo educativo que lidere o cambio tecnolóxico, coa implantación de competencias dixitais e ensinos en intelixencia artificial en todas as etapas educativas, á vez que se desenvolve un Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica para deseñar o modelo de escola do futuro.

Así mesmo, afirmou que os populares xa están a traballar por unha educación superior que ofreza un "futuro laboral de calidade", cun novo impulso á FP Dual, máis centros integrados, a actualización do mapa de titulacións de grao e de máster e máis plurilingüismo.

"O obxectivo é lograr que a década que temos por diante sexa incluso mellor que a anterior", engadiu.

Fronte a estas propostas, cuestionou as solucións para a "Galicia real" que achega o BNG, porque di que todo se arranxa coa autoderminación" e que temos que facer "o que fai Otegi no País Vasco" ou como "Junqueras en Cataluña", cuxo "modelo é o non a todo".

"Ao único que lle din que si é á radicalidade e á independencia, pero a iso os galegos levamos décadas dicíndolles contundentemente que non nas urnas, grazas ao PP", dixo Feijóo.

Por outra banda, explicou que "tampouco é unha solución aplaudir todo o que fai Pedro Sánchez", como fan os socialistas galegos ante a "discriminación" na repartición de fondos nos últimos meses ou ante o "desamparo da nosa industria forestal, naval ou electrointensiva".

Galicia "non se defende repetindo os argumentos que mandan desde Ferraz ou desde a Moncloa, senón coa cabeza, cos pés e co corazón en Galicia, que é xusto o que ten o noso partido", concluíu. 

Comentarios