jueves. 22.08.2019 |
El tiempo
jueves. 22.08.2019
El tiempo

A federación veciñal esixe ao Concello que amplíe as prazas dos subterráneos

Aparcamiento subterráneo de Santo Domingo. EP
Aparcamiento subterráneo de Santo Domingo. EP

O obxectivo é atraer novos usuarios aumentando as estreitas dimensións das prazas

A federación de veciños esixe ao Concello de Lugo que unilateralmente acometa xa a ampliación das prazas nos tres aparcadoiros subterráneos da cidade (Praza do Ferrol, Santo Domingo e Constitución) que son de propiedade municipal. O presidente deste colectivo veciñal, Jesús Vázquez, avoga porque se retome a proposta que xa fixo pública en abril do ano pasado a alcaldesa Lara Méndez de que cada tres prazas se reconvertan en dúas e que onde haxa só dúas, unha sexa para turismos e a outra para motocicletas. Jesús Vázquez considera que desta forma aumentaría o número de usuarios nestes aparcadoiros públicos porque as estreitezas que existen actualmente para estacionar neses tres subterráneos disuaden a moitos condutores.

Os usuarios protestan polas reducidas dimensións das prazas

O presidente da federación veciñal, que considera que este é un "problema grave", propón que se a concesionaria do servizo establece un litixio para reclamar unha indemnización ao Concello no caso de que adopte esta medida, este podería contraatacar recordando que no aparcadoiro da Praza do Ferrol habilitou prazas que non había e que a partir das doce da noite non hai persoal para atender aos usuarios no caso de que se produza calquera urxencia.

Jesús Vázquez di que a razón está ao lado do Concello porque as prazas son "manifestamente insuficientes" e porque o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) establece unhas dimensións ás que non se axustan as actuais. Recordou ademais que o parque automobilístico que había nos anos 80 cando se comezou a construción destes aparcadoiros non se parece en nada ao que existe hoxe en día. Recoñeceu que nos últimos anos se acometeron melloras, como a iluminación ou a instalación de lectores de matrículas.

A federación veciñal esixe ao Concello que amplíe as prazas dos...
Comentarios