martes. 26.05.2020 |
El tiempo
martes. 26.05.2020
El tiempo

As farmacias hospitalarias levarán medicación a casa de 600 pacientes

Neveiras cos tratamentos de pacientes do Hula. EP
Neveiras cos tratamentos de pacientes do Hula. EP
O servizo evita visitas de enfermos crónicos ao hospital para recollela e irase estendendo paulatinamente aos que se atopen estables e non necesiten revisións de fármacos

As farmacias dos tres hospitais públicos da provincia reparten xa a domicilio a medicación hospitalaria de máis de 600 pacientes. Trátase de enfermos crónicos que requiren de tratamentos que non se entregan en oficinas de farmacia convencionais senón nas hospitalarias e que están nunha condición estable, non pendentes de revisións e cambios.

Os servizos de Farmacia hospitalaria, co obxectivo de evitar visitas innecesarias de pacientes aos centros, comezaron por entregar a medicación por tres meses sen cinguirse ao límite previo de dous, segundo explicou Dores Basanta, subdirectora de Prestación Sanitaria da área.

Seguidamente, comezouse unha revisión dos pacientes que acoden periodicamente ás farmacias dos seus hospitais a retirar os seus tratamentos para seleccionar a aqueles que estarían en condicións de ser incluídos na nova repartición domiciliaria. Non é posible facelo con enfermos aos que se lles vai a cambiar a medicación ou que están pendentes dunha revisión para facer axustes polo que non todos os que están na listaxe das farmacias pódense evitar a visita ao hospital.

Polo momento, a área que ten a maior proporción dos seus pacientes incluídos neste servizo é Monforte, a que abarca menor poboación e que, xa que logo, tivo a posibilidade de revisar toda a súa base de datos e seleccionar a entre 150 e 200 pacientes. Polo momento entrégase a uns 70 pero a previsión é incrementar aos poucos o númerou de beneficiarios.

A principal dificultade que se está atopando neste servizo é o de localizar os domicilios nos que o paciente está a facer a corentena

A farmacia hospitalaria de Burela ten localizados a ao redor de 300 e comezou con 50 deles para ir aumentando diariamente os receptores. A selección máis complexa é a que fai a farmacia hospitalaria do Hula porque é tamén a que ten máis pacientes aos que entrega tratamentos. Polo momento, elixíronse a 130, pero a strong <>medida que se peitee' a lista sumaranse máis.

A principal dificultade que se está atopando neste servizo é o de localizar os domicilios nos que o paciente está a facer a corentena.

As farmacias hospitalarias levarán medicación a casa de 600 pacientes
comentarios