Unha familia de Lugo, entre os turistas confinados 14 días no hotel de Adeje

Entreteñen o tempo entre a televisión e a piscina
Un turista se asoma desde el hotel de Adeje que estuvo en cuarentena por el coronavirus. EFE
photo_camera Un turista asómase desde o hotel de Adeje en corentena polo coronavirus. EFE

Unha familia lucense, de tres integrantes, atópase entre os preto de 800 hóspedes que deberán pasar 14 días en corentena nun hotel de Adeje, onde se rexistraron catro positivos de coronavirus. Preferiron non contar publicamente o seu caso para non intranquilizar os seus achegados.

Como o resto de confinados, entreteñen o tempo entre a televisión da habitación e a piscina. A praia está prohibida.

O Goberno canario baralla deixar saír a 100 destes turistas que chegaron máis tarde da aparición do brote de Covid-19.

Comentarios