domingo. 05.04.2020 |
El tiempo
domingo. 05.04.2020
El tiempo

A falta de prazas en residencias chega a alongar ingresos no Hula 20 días

Entrada do Hula. AEP
Entrada do Hula. AEP
A traballadora social Sagrario Fernández explica o seu traballo co paciente oncolóxico. Nalgúns casos conséguese un oco nun centro pero sen garantir que estea en Lugo

A falta de prazas en residencias pode chegar a alongar durante varias semanas a hospitalización de pacientes do Hula que, polas súas circunstancias de saúde, xa non están en condicións de volver aos seus domicilios. A traballadora social do hospital Sagrario Fernández —que ofreceu este xoves unha charla sobre o seu traballo con pacientes oncolóxicos— explica que pode estenderse "20 días como pouco" nalgunhas circunstancias.

Estas déronse, por exemplo, a pasada semana, cando non había nin unha soa praza libre en residencias da provincia de Lugo. Se unha persoa recibe o alta, pero non conta coa posibilidade de ir a un centro nin tampouco de volver á súa casa, permanece no hospital ata que consegue un oco nalgunha. "Non un ano, como teño escoitado nalgunha ocasión, porque as prazas nas residencias móvense moito, pero é verdade que, por vía de urxencia, pode pasar que non estean no ámbito do doente e teña que marchar a outra provincia, por exemplo", di.

É dicir, cabe a posibilidade de que, por exemplo, un paciente con cancro a tratamento no Hula que, tras unha cirurxía non pode volver a casa, acabe tendo que trasladarse a outra provincia e tendo que recibir terapia noutro hospital. "Son os menos pero podería ocorrer", explica.

A traballadora social constata que as horas dispoñibles para a axuda no fogar non son suficientes

Fernández apunta que situacións así deixan en evidencia a falta de recursos sociosanitarios, dunha solución intermedia para quen non pode volver á súa casa xusto ao recibir o alta pero tampouco necesita outro lugar para vivir definitivamente, senón para esa transición desde o alta ata que logre certa autonomía. "Non se trata só de falta de prazas nas residencias senón doutras solucións que permitan á xente alongar a estancia no seu domicilio ou máximo posible, que é o que a xente quere, como a axuda no fogar", apunta.

As carencias chegan aí tamén porque, aínda que existan eses servizos comunitarios, as horas non son suficientes. "O máximo son 70 horas mensuais, o que non permite que algúns pacientes queden na súa casa", recorda.

As propias xestións das traballadoras sociais solicitando, por exemplo, a axuda á dependencia, unha praza nunha residencia ou algún tipo de axuda de apoio poden alargar o proceso. Apunta que a xestión da axuda da dependencia pode tardar en chegar ata un ano e que, en casos de deterioración cognitiva, é precisa a intervención do xulgado antes de decidir o traslado do paciente a unha residencia.

A falta de prazas en residencias chega a alongar ingresos no Hula...
Comentarios