sábado. 11.07.2020 |
El tiempo
sábado. 11.07.2020
El tiempo

Falece unha muller de 76 anos con coronavirus no Hula

Os corredores do Hula, baleiros. VITORIA RODRÍGUEZ
Os corredores do Hula, baleiros. VITORIA RODRÍGUEZ
A cifra de vítimas mortais con Covid-19 na provincia ascende a 28 desde o inicio da pandemia. No conxunto da comunidade, o número elévase a 617

Unha muller de 76 anos que fora diagnosticada por coronavirus faleceu este martes. Atopábase ingresada no Hula, onde levaba 36 días en coidados intensivos. A paciente presentaba patoloxías previas. 

Tras o falecemento desta muller, a cifra de vítimas mortais con Covid-19 na provincia ascende 28 desde o inicio da pandemia. No conxunto da comunidade, o número de mortos elévase a 617.

Actualmente hai 38 casos activos na provincia e só un se atopa ingresado no Hula. Os demais recupéranse nos seus domicilios. 

Falece unha muller de 76 anos con coronavirus no Hula
comentarios