lunes. 25.05.2020 |
El tiempo
lunes. 25.05.2020
El tiempo

Loito en Lugo pola morte da exedil Luisa Zarzuela

Luisa Zarzuela, nunha rolda de prensa en 2018. ARQUIVO
Luisa Zarzuela, nunha rolda de prensa en 2018. ARQUIVO
Foi concelleira do PSdeG-PSOE entre 2003 e 2011 no Concello

Faleceu a que fose edil do PSdeG-PSOE entre 2003 e 2011 no Concello de Lugo Luisa Zarzuela González.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, expresou este mércores as condolencias do equipo de goberno do Concello lucense á familia de Luisa Zarzuela, da que destacou que "consagrou unha parte importante da súa vida, con xenerosidade e de forma incansable, á defensa dos dereitos sociais e á mellora das condicións de vida da cidadanía lucense".

Luisa Zarzuela, que se dedicou profesionalmente  á sanidade, tamén tivo cargos de representación no sindicato UXT. Estaba casada cun histórico do socialismo lucense, Iñaki Garaigorta.

Loito en Lugo pola morte da exedil Luisa Zarzuela
comentarios