Hablamos Español grava á delegada de Educación en Lugo para criticar o seu talante

A asociación sostén que se enfronta a prexuízos, "faltas de respecto e caciquismo" cando os seus membros teñen que falar con cargos do PP galego
Gloria Lago. CEDIDA
photo_camera Gloria Lago. CEDIDA

A asociación Hablamos Español arremeteu este luns contra a xefa territorial de Educación en Lugo, María José Gueimunde.

Repróchanlle as súas malas maneiras nunha conversación telefónica na que se lle pedía que explicase a razón pola que o departamento non contesta os escritos das familias que solicitan que os seus fillos poidan usar o castelán incluso en materias que se imparten en galego, algo que, sostén, teñen dereito constitucional a facer .

Hablamos Español, que gravou e divulgou a conversación con Gueimunde, sostivo que se enfronta a "prexuízos, faltas de respecto e caciquismo" cando os seus membros teñen que falar con cargos do PP galego.

Asegura a plataforma que "non se respectan prazos nin respostas debidas, méntennos e, ademais, o trato é moi desconsiderado. Noutras comunidades bilingües, polo menos, son corteses".

Comentarios