A morte dun centenario con covid no Hula eleva a 93 os decesos na provincia

Sanidade notificou sete falecementos este mércores 
Los pasillos del Hula. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Os corredores do Hula, baleiros. VITORIA RODRÍGUEZ

Un home de 104 anos diagnosticado con covid-19 que estaba ingresado no Hula faleceu este mércores. A cifra de mortes na provincia elévase a 93.

A Consellería de Sanidade notificou seis decesos máis este mércores de persoas con covid, de maneira que os falecementos causados pola pandemia en Galicia ascenden a 889.

No Hospital Clínico Universitario de Santiago morreron tres persoas: unha muller de 92 anos e dous homes de 86 e 78 anos. Por outra banda, este mércores faleceron tres usuarios da residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar. Trátase de dúas mulleres de 97 e 98 anos e un home de 101 anos.

O Sergas informa de que todos presentaban patoloxías previas.

Comentarios