Os cambios do Brexit non afectarán á Facultade de Veterinaria

Así o precisou o decano, que asegura que a acreditación europea garante aos alumnos do centro a opción de continuar os estudos, colegiarse e exercer en Reino Unido
Facultad de Vterinaria Lugo
photo_camera A Facultade de Veterinaria de Lugo nunha imaxe de arquivo. VITORIA RODRÍGUEZ

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) informou de que a acreditación europea da Facultade de Veterinaria, expedida pola EAEVE, permite que os veterinarios titulados no campus de Lugo poidan completar os seus estudos de posgrao no Reino Unido e incluso colegiarse para desenvolver a súa actividade profesional nas illas británicas.

A pesar dos efectos derivados do brexit no ámbito académico e no desenvolvemento de diversas actividades profesionais, o decano da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo, Gonzalo Fernández, precisou que a acreditación europea garántelles aos titulados nese centro a posibilidade de completar os seus estudos no Reino Unido e colegiarse para exercer a súa profesión nas illas británicas.

O decano fixo estas declaracións logo das numerosas consultas realizadas sobre as novas limitacións académicas e laborais derivadas do brexit por titulados desprazados no Reino Unido, onde hai unha importante colonia de alumnos licenciados na Facultade de Veterinaria de Lugo.

''Non se se podería falar de centos, pero de varias ducias seguro'' dixo o decano, quen tamén precisou que matadoiros e clínicas de pequenos animais son dous dos principais nichos de emprego que presenta o Reino Unido para os facultativos veterinarios.

''O recoñecemento e as boas condicións salariais das que gozan os profesionais veterinarios en Inglaterra, unido á suposta falta de facultativos, propicia que moitos titulados e tituladas doutros países europeos, especialmente de España e Polonia, opten por ter unha experiencia laboral nese país'', comenta Gonzalo Fernández.

Nese sentido, recordou que o selo de calidade internacional do que dispón o centro universitario non é un recoñecemento menor, pois a acreditación EAEVE están a consolidarse como un mérito engadido

Comentarios