jueves. 22.10.2020 |
El tiempo
jueves. 22.10.2020
El tiempo

Expoñen que a vella residencia de Aspnais teña uso xeriátrico

Antiga sede de Aspnais. AEP
Antiga sede de Aspnais. AEP
A Federación de Asociacións de Vecinos pide a Política Social que busque de forma "urxente" un novo uso á antiga sede, situada na Rampla de Claudio López

A Federación de Asociacións de Vecinos de Lugo expón que a Consellería de Política Social busque de forma "urxente", en colaboración cos servizos sociais do Concello, un novo uso á antiga sede de Aspnais na Rampa de Claudio López e expón que estas instalacións sexan dedicadas a uso xeriátrico, tanto como centro de día ou residencia de maiores.

A federación veciñal, que recorda tamén a súa proposta de converter en xeriátrico os espazos agora sen uso do Hospital de Calde, laméntase da "desmesurada" escaseza de prazas públicas en residencias en Lugo e incide en que "a actual situación pandémica demóstranos que os establecementos de xestión privada xogan en clara desvantaxe ante calquera eventualidade polas deficiencias de persoal e servizos".

Os portavoces veciñais recordan que no concello de Lugo "levamos máis de 40 anos sen creación de prazas públicas en residencias; isto non é admisible por ser un dereito innegable", din. Ademais, destacan que a cidade está "nun momento crucial, pola cantidade de poboación envellecida e que vive en soidade, sen ter o mínimo indicio de dispor dunha praza en ningún dos centros públicos existentes".

Expoñen que a vella residencia de Aspnais teña uso xeriátrico
comentarios