martes. 27.07.2021 |
El tiempo
martes. 27.07.2021
El tiempo

A exitosa mostra do traxe festivo pode verse ata hoxe en Lugo

undefined
Un dos traxes da mostra. PORTO
A exposición, organizada por El Progreso, recibiu centos de visitas

A exposición O traxe festivo da muller aldeá nas terras de Lugo, organizada por El Progreso en colaboración coa asociación Traxandaina e ao amparo do programa O teu Xacobeo, da Xunta de Galicia, clausúrase este luns. A mostra ampliou o seu período de apertura ata o Día das Letras Galegas grazas ao elevado interese suscitado entre o público, que sumou máis de 500 visitas só no Vello Cárcere.

Esta cifra súmase o gran número de visitantes que acudiron a ver a exposición no resto das localidades polas que pasou ao longo do pasado mes e que son puntos polos que pasa algún dos catro trazados do Camiño de Santiago na provincia: Monforte, A Fonsagrada, Ribadeo, Sarria, Mondoñedo e Vilalba.

A mostra permite unha viaxe ao pasado, concretamente ao século XIX, para coñecer as singularidades da vestimenta feminina da época en Lugo.

A exposición mostra as creacións, realizadas a partir dos tecidos artesáns elaborados en tear, ou dos panos, veludos, mandís ou saias que vestían as mulleres lucenses no pasado.

Trátase dunha recompilación de traxes nos que xa se nota a marca das novas máquinas de coser e as habilidades das primeiras costureiras ambulantes que arriscaban nos seus deseños con diferentes combinacións de cores, texturas e debuxos.

Esta recompilación é o froito de anos de investigación e recollida de pezas orixinais por todos os recunchos de Lugo, para plasmar formas, bordados e tecidos de maneira fiel coa historia.

A mostra de Traxandaina inclúe a exposición da singular peza téxtil artesá coa que o taller tradicional lucense obtivo o Premio de Artesanía de Galicia 2020.

O horario de visita para esta última xornada da exposición será de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas.

A exitosa mostra do traxe festivo pode verse ata hoxe en Lugo
comentarios