Excarceran a un condutor que chocou contra un farol na Ronda de Fingoi

A vítima foi atendida polos efectivos sanitarios

O condutor dunha furgoneta que circulaba este luns pola Ronda de Fingoi tivo que ser excarcerado tras perder o control do vehículo e chocar contra un farol. 

O accidente rexistrouse a media tarde. A vítima foi atendida polos efectivos sanitarios.