Evislusa trasladarase ao Impulso Verde e o PP mete presión polo auditorio

A alcaldesa de Lugo anuncia que o traslado da empresa municipal de chan empezará en breve e avanzou que ao inmoble con estrutura de madeira irá tamén un programa sobre turismo
El edificio Impulso Verde. SEBAS SENANDE
photo_camera El edificio Impulso Verde. SEBAS SENANDE

O goberno local anunciou este xoves unha decisión de calado: o edificio Impulso Verde acollerá Evislusa.

O edificio levantado polo Concello enA Garaballa co obxectivo de ser un referente da construción en madeira estaba sen uso definido e a alcaldesa, Paula Alvarellos desvelou a decisión de trasladar alí as oficinas da empresa municipal de vivenda e chan.

Alvarellos avanzou que o traslado comezará nas próximas semanas, coa idea de que antes do verán o persoal de Evislusa xa poida estar plenamente operativo nesas "modernas" instalacións. A sede da empresa municipal estaba ata agora no edificio que ocupa o centro social Uxío Novoneyra.

O edificio ten as condicións idóneas para albergar os servizos que presta esa empresa municipal do chan, sostivo a rexedora.

No entanto, avanzou tamén que outra parte desa edificación de madeira levantada con fondos europeos xunto Avenida Infanta Elena destinarase a outros usos. Así, detallou que se conservará unha zona expositiva e un espazo dedicado ao emprendemento, mantendo os usos que estaban previstos inicialmente para este inmoble.

Así, avanzou que o espazo que reservara no edificio para actividades de coworking converterase en sede dunha das iniciativas vinculadas ao plan de sustentabilidade turística, unha lanzadeira emprendedora coa que se busca impulsar proxectos innovadores nese sector.

O edificio ten dúas entradas e iso vai facilitar usos compartidos dun edificio que é un referente internacional, dixo Alvarellos.

O destino final do edificio desvelouse nunha xornada na que se repetiron os debates políticos en torno ao urbanismo ou, co PP metendo presión ao goberno para que dea pasos para a apertura do novo auditorio.

Os populares recordaron que este xoves se cumprían 47 meses desde a recepción do novo centro cultural e instaron o goberno a aclarar xa cando abrirá, como se xestionará e cal vai ser a programación.

Redes: Figuras da cultura pon a súa voz a favor do auditorio

Os proxectos da cidade tamén se debaten nas redes e este xoves tivo repercusión un vídeo no que acodes vinculadas ao mundo cultura reivindicaba a apertura do auditorio.

O vídeo, moi divulgado por membros do PP, inclúe a participación de figuras moi coñecidas, como Xulio Xiz, ou dos populares cantantes que formaron o famoso dúo Amistades Peligrosas, Alberto Comesaña e Cristina del Valle. Aparecen tamén reivindicando o auditorio o mozo músico Alejandro ou Gabriel Fernández

¿E outro edificio tocado?

A data de apertura do auditorio segue sen desvelarse e o Concello foino supeditando ás reparacións necesarias no edificio. E, mentres aparecen novas polémicas por danos en edificios. Agora nas redes sinálase que no Impulso Verde están a caerse xa plaquetas da rede que cobre o inmoble. O Concello non aclarou se haberá que facer reparacións.

 

Comentarios