Tres estudantes das Mercedes, premios extraordinarios de FP

Os 20 mellores expedientes de Galicia recibirán unha contía económica de 850 euros

CIFP As Mercedes J. VAZQUEZ
photo_camera CIFP As Mercedes J. VAZQUEZ

Os estudantes do CIFP As Mercedes Alba Dono Costoya (Comercio e Mercadotecnia), Marta López Rodríguez (Enerxía e Auga) e Adrián Fernández Varela (Transporte e Mantemento de Vehículos) foron tres dos 20 alumnos que lograron este ano os premios extraordinarios de FP que concede a Consellería de Educación.

A lista de premios extraordinarios de FP do curso 2017/18, que onte publicou o Diario Oficial de Galicia, recoñece aos 20 mellores expedientes dos ciclos de grao superior.

A dotación orzamentaria para estes premios é de 19.550 euros que se distribuirán entre os galardoados na mesma contía: 850 euros por alumno. Ademais da correspondente asignación económica, este premio concede o dereito a solicitar o premio nacional de Formación Profesional de grao superior.

O obxectivo destes galardóns é recoñecer publicamente o esforzo e o traballo do alumnado, que alcanzou un excelente resultado académico dentro do sistema educativo galego, e tamén a posta en valor e o fomento desta excelencia.

A este recoñecemento puideron optar todos os alumnos que cursaron estudos de FP de grao superior no curso 2017/18 nalgún centro educativo de Galicia -xa sexa en modalidade presencial ou modalidade a distancia- e que terminaron os seus estudos no ano 2018, a condición de que a súa cualificación final fose igual ou superior á os 8,5 puntos.

Comentarios