viernes. 27.05.2022 |
El tiempo
viernes. 27.05.2022
El tiempo

A espiral de violencia no casco antigo desata as queixas de veciños e hostaleiros

Así fue la multitudinaria pelea de la Rúa Catedral. REDES
"O centro está a degradarse e a disputa do fin de semana xa non nos colle por sorpresa", din os afectados  ► A Policía Nacional detivo ao autor do apuñalamento e non descarta novos arrestos

A espiral de violencia rexistrada nos últimos tempos no centro histórico de Lugo motivou xa multitude de queixas por parte de veciños e hostaleiros, quen esixen medidas para atallar unha situación que tachan de "perigosa" e "insostible". Os afectados aseguran que a batalla campal da pasada fin de semana –que se saldou cun detido e un mozo ferido de arma branca– tan só a punta dun iceberg que emerxe desde hai meses, polo que esixen ás administracións competentes e ás forzas e corpos de seguridade que tomen cartas no asunto "de forma urxente".

"Os altercados de madrugada son constantes e a situación é máis grave do que parece. Nós", explica un traballador da hostalería, "estamos fartos de ver pelexas nas que se esgrimen navallas, coitelos, latas de refrescos afiadas e incluso o mobiliario das terrazas. Os participantes móstranse moi violentos e en máis dunha ocasión chegamos a temer pola nosa integridade física".

O temor que invade aos hostaleiros é compartido tamén polos residentes. "O centro está a degradarse e a pelexa do fin de semana xa non nos colle por sorpresa. Os veciños levamos soportando todo tipo de incidentes desde hai anos, e cada mes que pasa, todo vai a peor. Eu pasei moitas noites sen durmir por culpa dos ruídos e das pelexas e a situación desgástanos. Están a deixar que o centro histórico se converta nun lugar totalmente inseguro. Imos costa abaixo e sen freos", comenta unha veciña.

Tanto os residentes como os traballadores da hostalería critican que as administracións "presuman" de Lugo como unha das cidades máis seguras de España. "Afirmar iso é non querer recoñecer os problemas da cidade. Poden buscar solucións ou mirar cara a outro lado, pero o problema existe e a inseguridade é patente. De feito", comenta un hostaleiro, "cada vez hai máis pais que teñen medo cando os seus fillos saen pola noite e algúns incluso se achegan ao centro para comprobar como está o ambiente".

"Os veciños din que o problema afecta a toda a sociedade e moitos pais saen de noite a vixiar aos seus fillos "por medo"

Os afectados aseguran que esta situación afecta tamén de forma "moi negativa" ao turismo. "O goberno local promociona a cidade en Fitur e fala marabillas da catedral, cando todas as mañás aparece rodeada de meos e vómitos e con danos nas fiestras. A degradación da zona é manifesta e a inseguridade é evidente. Polas noites é imposible saír á rúa e, se protestas, arríscasche a que che peguen", afirma unha veciña.

Varias imaxes da pelexa en Lugo e do estado na perna do acoitelado. TWITTER  / INSTAGRAM

Os afectados demandan "unha vixilancia moito máis intensiva" e "sancións máis duras" para condutas como beber na vía pública ou consumir estupefacientes. O grupo municipal do PP e a asociación Lugo Monumental, entre outras, sumáronse o luns ás críticas dos residentes e esixen tamén medidas como a instalación de cámaras de videovigilancia, unha ordenanza de civismo ou a creación en Lugo dunha unidade de UPR da Policía Nacional.

A Policía Nacional atopou dous coitelos escondidos cerca do lugar do ataque e os axentes do CNP xa entrevistaron ás testemuñas

AGRESIÓN. A investigación polo apuñalamento do pasado fin de semana na Rúa Catedral continúa aberta e os axentes non descartan novos arrestos tras entrevistar a todas as testemuñas. A Policía Local, que colaborou na disolución do altercado, localizou xa os dous coitelos supostamente empregados na agresión. Un deles estaba escondido na Rúa Armanyá, amentas que o outro foi atopado na fiestra dun comercio, na Rúa do Bo Xesús.

As dúas armas foron entregadas aos investigadores, que inicialmente descartan que se trate dunha pelexa entre bandas e achacan o altercado a un enfrontamento puntual.

A espiral de violencia no casco antigo desata as queixas de veciños...
comentarios