Esnaquiza dous bolardos cunha maza e alega que ao virar co seu coche molestábanlle

O home confesou os feitos ante a Policía Local e dous mozos acabaron denunciados por increpar aos axentes no transcurso da súa intervención
Bolardos en una calle de la capital lucense. AEP
photo_camera Bolardos en una calle de la capital lucense. AEP

Axentes da Policía Tolal da Lugo a un home que esnaquizou dous bolardos cun mazo porque, segundo dixo, molestábanlle para entrar na súa leira co seu vehículo. O altercado rexistrouse na tarde do pasado mércores, cando un cidadán chamou á Sala do 092 para comunicar que nunha rúa da zona norte da cidade había un home golpeando cun mazo un bolardo. Tras recibir o aviso, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio acudiu ao lugar e os axentes observaron que había  un bolardo "totalmente torto, con golpes recentes e coa base de cemento rota". Ademais, outro  bolardo instalado na zona desaparecera.

Os policías falaron cun home que estaba na beirarrúa, preto dos bolardos, quen recoñeceu que fora autor dos danos. Segundo explicou, golpeara cunha marra o bolardo coa intención de rompelo e sacalo de alí, xa que lle dificultaba o xiro co seu vehículo para entrar na súa propiedade. O home dixo ademais que o bolardo que faltaba estaba no interior da súa leira. Ante estas manifestacións, os axentes identificaron ao home e levantaron acta dos danos ocasionados para remitir á autoridade competente.

Mentres os axentes levaban a cabo esta intervención, dous mozos, que non tiñan ningunha relación co home que esnaquizou os bolardos, saíron dun local próximo e comezaron a increpar á Policía. Tal e como explicou este xoves o portavoz do corpo, os axentes pedíronlles a documentación, pero os mozos negáronse "reiteradamente", ata que lles explicaron que, "en caso de persistir na negativa serían conducidos a dependencias policiais para a súa completa identificación, momento no que se identificaron". Os dous mozos foron denunciados por dúas infraccións cada un Lei de Seguridade Cidadá, por faltar ao respecto a axentes da autoridade no exercicio das súas funcións e por negativa a identificarse. Esta última infracción é de carácter grave e leva aparellada unha multa de ata 30.000 euros.