A Escola de Música abre o prazo de matrícula, cunha oferta de 770 prazas

Ofrece para o próximo ano académico prazas en 22 instrumentos e disciplinas 

Concierto de alumnos de la escuela de música
photo_camera Concerto de alumnos da escola de música. AEP

O prazo de matrícula para os alumnos da Escola Municipal de Música abriuse este luns, ata o 22 de maio. Posteriormente, será a quenda para os estudantes de novo ingreso, de 22 de maio ata o 21 de xuño, segundo anunciou o Concello.

A escola ofrece para o próximo ano académico máis de 770 prazas en 22 instrumentos e disciplinas diferentes. Ademais, existen outras nove especialidades sen límite de matriculados.

As persoas interesadas deben presentar as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello xunto á solicitude en modelo específico debidamente cumprimentada (no caso de menores, debe ir asinada polas nais, os pais ou os seus titores legais); fotocopia do DNI; certificación bancaria da conta onde se desexe domiciliar o pago de recibos, e dúas fotografías tamaño carné.

As especialidades para as que non hai límite de prazas son: clarinetes, saxofones, banda, banda infantil, coro moderno, tradicional, pandereitas, metais graves e aula de técnica base metal grave.