sábado. 06.06.2020 |
El tiempo
sábado. 06.06.2020
El tiempo

Entregados os premios da campaña do Nadal do comercio lucense

Foto de familia dos premiados pola Federación de Comercio. XESÚS PONTE
Foto de familia dos premiados pola Federación de Comercio. XESÚS PONTE
Case 35.000 tíckets de compra entraron a sorteo na última edición, celebrada entre o pasado 6 de decembro e o día de Reis

A Federación de Comercio de Lugo fixo entrega este venres, no Vello Cárcere, dos premios da última campaña do Nadal, desenvolvida entre o pasado 6 de decembro e o día de Reis, baixo o nome O comercio local tamén é dixital. Unha iniciativa que contou cunha colaboración económica da Deputación por 32.000 euros.

Os consumidores lucenses participaron na campaña do Nadal moi activamente, rexistrándose preto de 35.000 tíckets de compras. O pasado día 9 tivo lugar o sorteo ante notario dos premios que se entregaron este venres, 10.000 euros repartidos en vinte tarxetas de prepago de 300 euros e doutras vinte, de 200 euros, que deben ser utilizadas para volver comprar tanto en comercios de Lugo capital como da provincia.

Os gañadores dos bonos fixeron as súas compras do Nadal en comercios de Lugo, pero tamén de Chantada, Viveiro, Monforte, Vilalba, Sarria, Mondoñedo, Rábade, Foz, Lourenzá e Taboada.

POSTAIS. Paralelamente, tamén se entregaron os premios do concurso de postais do Nadal. Os gañadores do concurso de postais, por categorías de idade, foron: na de 11 a 14 anos, Lucía Villar Varela; na de 8 a 10, Saray Feijoo Curral; na de 4 a 9, Veiga Llenderrozos Rodríguez, e na de 0 a 3 anos, a gañadora do concurso de postais foi Naiara Notario Yáñez.

Entregados os premios da campaña do Nadal do comercio lucense
comentarios