Entran a un piso ao temer polo estado dunha muller e áchana limpando

A muller é xorda e non escoitaba as chamadas dos servizos de urxencias

Lamas de Prado, en Lugo. NOVELÚA
photo_camera Lamas de Prado, en Lugo. NOVELÚA

Policías, bombeiros e servizos sanitarios despregáronse este luns en Lamas de Prado despois de que os veciños alertasen de que había días que non vían a unha veciña.

A muller é xorda, así que non escoitaba as chamadas dos servizos de urxencias. Ao final, os bombeiros optaron por entrar na vivenda, temendo que á muller lle ocorrera algo, pero ao lograr o seu obxectivo atoparon á muller en perfecto estado.

De feito, nese momento estaba a limpar a cociña, segundo explicou a Policía.