As entradas máis baratas do Caudal Fest esgótanse en pouco máis de 24 horas

Os abonos do sábado foron os máis solicitados para unha cita que aínda mantén oferta nos sectores máis caros
Público en la primera jornada del Caudal Fest. SEBAS SENANDE
photo_camera Imaxe de arquivo dunha edición pasada do Caudal Fest. SEBAS SENANDE

Boa parte da oferta de entradas para o Caudal Fest 2021 esgotouse este mércores en menos de 12 horas, sobre todo as máis baratas. Os abonos para esta terceira edición do festival de música puxéronse á venda ás 12.00 da mañá do mércores e a resposta do público non se fixo esperar.

As entradas máis solicitadas foron as do sábado 18, onde xa non queda sitio dispoñible nos catro sectores máis baratos, e tan só pódese comprar entrada para as zonas A e B, que son as máis próximas ao escenario, algo que provoca que o seu prezo suba por encima dos 53 euros, sumando os gastos de distribución.

Por contra, tanto o xoves 16 como o venres 17 posúen unha maior cantidade de tickets dispoñibles. O primeiro día do festival, que comparte prezos co concorrido sábado, tan só ocupou as súas dúas zonas traseiras, mentres que o mencionado venres xa ten completos a metade dos seis sectores. Unha das razóns parece ser o prezo abaratado dos abonos, que custan 10 euros menos que para o resto de días.

Cartel. Esta preferencia do público polas entradas do día 18 parece ter moito que ver coa presenza de artistas populares a nivel internacional como Bad Gyal ou Nathy Pelusoque actuarán durante a tarde e que non se viron en anteriores edicións do festival lucense.

Ademais destas dúas famosas cantantes, o cartel tamén inclúe a artistas e grupos ben coñecidos no panorama español, como Love of Lesbian e Ivan Ferreiro, que actuarán o xoves, e A M.O.D.A ou Sen Senra, que tomarán o escenario durante a tarde do venres.

Toda a información sobre o festival está dispoñible na web www.caudalfest.com onde aínda se poden adquirir os abonos restantes para os tres días do festival.

As tres sesións terán o mesmo horario, con concertos de 17.00 a 00.00, nun formato terraza, con grupos de máximo 6 persoas.

Comentarios