Enfermería do Hula denuncia o "amontoamento" e "desorde organizativa" en Urxencias

Entrada del HULA. AEP
photo_camera Entrada do Hula. AEP

O servizo de Enfermería de Urxencias do Hospital Lucus Augusti fixo chegar un comunicado á Dirección da xerencia do EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos para esixir "actuacións" respecto ao "amontoamento" de pacientes nesta unidade e " desorde organizativa" que está a causar "gran carga de tensión" ao persoal. 

Segundo explica o texto dos profesionais sanitarios, "o ingreso dos pacientes non conta coas mínimas garantías de calidade asistencial" polas "dinámicas habituais" da unidade. 

Ao seu xuízo exite unha gran dificultade para "facer un control adecuado de seguimento de Urxencias" que vén dado polo "amontoamento dos pacientes" nas Unidades de Observación que non pasan á hospitalización, algo que o Sergas negou, logo de aseguar que "o servizo de Urxencias funciona á perfección". 

Enfermería, con todo, apunta a unha saturación que non se debe a unha maior afluencia de persoas", senón " falta de saída de pacientes cara á unidade de hospitalización". A este respecto, a dirección do HULA asegura que "a unidade de observación non se usa para o ingreso de pacientes" e que o tempo que os doentes pasan neste servizo ata chegar a planta "determínao o médico", aínda que outras persoas son directamente dadas de alta pola súa situación.

As dúas visións contraponse, mentres que os profesionais sanitarios han detectado que "de modo habitual non hai camas dispoñibles en hospitalización nin na unidade de obersvación", o servizo sanitario galego reafirma a súa postura e asegura que si hai camas e "non hai ningún problema". 

En todo caso, o servizo de Enfermería de Urxencias queren que a dirección de xerencia da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos interveña, porque a ausencia desta intervención pode "provocar situacións de perigo real" para todas as partes.