Oito empresas optan a limpar os edificios do Concello de Lugo tras oito anos co contrato caducado

O PP advirte de que un informe municipal ve insuficiente para cubrir os gastos de persoal a proposta económica máis vantaxosa, de Nortex-Noreintegra. A seguinte oferta máis competitiva é a de Lacera, a empresa que presta o servizo actualmente
Manifestación del personal de limpieza de edificios y locales el pasado mes de diciembre en Lugo. SEBAS SENANDE (ARCHIVO)
photo_camera Manifestación del personal de limpieza de edificios y locales el pasado mes de diciembre en Lugo. SEBAS SENANDE (ARCHIVO)

O Concello de Lugo ultima o proceso para adxudicar o contrato da limpeza os edificios e instalacións municipais, que neste momento presta a empresa Lacera cun contrato que leva caducado polo menos oito anos.

Oito empresas compiten por facerse cun contrato por catro exercicios que foi valorado en 12.582.558 euros fai máis dun ano, cando saíu a concurso público. A este presentáronse dez firmas, aínda que algunhas foron desistindo durante o proceso e neste momento son oito as que pelexan por un contrato que abarca 73 edificios e instalacións e máis de cen traballadoras.

A oferta económica máis vantaxosa é a da unión temporal de empresas Nortex-Norintegral, pertencente ao grupo Nortempo e que inclúe unha rama de integración laboral de persoas con discapacidade. A súa proposta é 817.776 euros máis barata que a seguinte, a de Lacera, que ademais é moi similar aos restantes.

Os custos que contempla a empresa non se axustan á realidade

O PP informou este mércores de que un informe do xefe de servizo de Medio Ambiente advirte que se trata unha dotación económica incoherente coa oferta técnica presentada e insuficiente para cubrir os gastos de  persoal, "facendo inviable a execución do contrato nos termos que propón ou este licitador".

Esa diferenza débese a que os custos asociados & nbsp;antigüidade das traballadoras que contempla a empresa non se consideran axustados á realidade, "por canto non cobren as necesidades económicas para cumprir coas obrigas legais en materia de subrogación do persoal e ou convenio colectivo de aplicación", segundo figura no informe municipal. 

Nortex-Norintegra establece para custos de antigüidade 15.179 euros para un ano de contrato, algo menos para o segundo e un incremento mínimo para os dous últimos, cando na memoria do prego de condicións considérase un gasto de 179.714 euros para o primeiro ano.

O Concello concedeu dez días de prazo á empresa para que xustifique esta proposta económica, que terminaron xa, polo que é previsible que nos próximos días haxa xa un ditame e unha proposta de adxudicación. 

á marxe desta presunta disfunción económica, o PP criticou que non se teñan en conta a mellora salarial que se produciu no sector da limpeza na provincia de Lugo durante o último ano, tras a longa folga as traballadoras que se derivou na firma dun novo convenio colectivo.

Segundo fontes municipais, a valoración económica do contrato que saíu a concurso público xa contemplaba un marxe suficiente, posto que, por exemplo, xa estaba anunciada unha nova subida do salario mínimo interprofesional. Con todo, polo camiño algunhas empresas  foron renunciando e neste momento, tras o desistimiento de OHL ou Brocoli nas últimas semanas, son oito as empresas que compiten por este contrato. Tras Lacera e Nortex-Norintegral, as demais son Samaín, Aralia, Garbialdi, Sacyr, CLN e Samyl.

Máis de setenta instalacións, ¿e as que faltan?

O contrato de limpeza de centros, dependencias e centros educativos inclúe a práctica totalidade das instalacións municipais, como o consistorio, as oficinas do antigo Seminario, colexios e garderías, centros sociais e museos e centros culturais, entre moitas outras.

Non están dentro, aínda que poderán incluírse, segundo o prego de condicións, instalacións de nova construción que están xa en funcionamento ou o estarán a curto prazo, como as caldas, o centro social Aquilino Iglesia Alvariño, o coliving de artistas, o Impulso Verde e o auditorio de Magoi.

Con todo, o PP recorda que o contrato só pode incrementarse como máximo nun 20% e pregúntase se será suficiente para cubrir estas novas dependencias, sinala a concelleira Mar Carballas.

Comentarios