Unha empresa lucense para frear aos okupas

Mi Casa no Es la Tuya xorde a raíz do desbordamento do sector da desocupación e da necesidade de prestar este servizo en Lugo
Puerta forzada. AEP
photo_camera Porta forzada. AEP

Cinco lucenses crean a empresa Mi Casa no Es la Tuya, dada de alta onte, para prestar un servizo integral de asesoría xurídica fronte aos okupas. é pioneira en desocupación en Lugo e, segundo recoñece Francisco Ojea, un dos creadores: "Do que temos constancia é que en Galicia non hai unha empresa de desocupación puramente galega".

Francisco Ojea e os outros catro creadores inician a súa andaina empresarial. "A idea xurdiu fai un par de meses debido á situación actual de desbordamento das empresas que realizan a función de loitar fronte aos okupas", explica Francisco, que engade a importancia de " vocación social, xa que hai moita xente que non ten a súa primeira vivenda e queda na rúa".

A iniciativa non xurdiu por mor dunha vivencia persoal dos creadores, senón de xente "coñecida que se viu na situación de facer fronte a tal problema".

A situación do sector e a necesidade de prestar un servizo aos lucenses fronte aos okupas foron os principais incentivos da nova empresa. "Agora mesmo outras compañías de desocupación non teñen liñas suficientes dispoñibles para atender as demandas e hai propietarios que viven en casa de familiares por culpa de ter a súa vivenda ocupada", explica Francisco Ojea.

O servizo de Mi Casa no Es la Tuya céntrase nunha asesoría xurídica integral, tanto a usuarios coas vivendas ocupadas como a aqueles que teñen inquilinos precarios. Así mesmo, dentro do persoal parte do persoal ten máis dunha década de experiencia no sector da seguridade.

ACTUACIÓN. "Hai que aplicar a lexislación vixente que é a lei 5/2018 do 11 de xuño", afirma Francisco Ojea. Segundo explica, o primeiro é contactar cos okupas e dialogar para negociar. "Unha vez os okupas saen das vivendas, realízase un control de acceso e un cerrajero instala un bombín antiokupas", expón Francisco.

A empresa en calquera actuación avisa previamente á Policía Nacional e Garda Civil. "Hai que evitar incidentes violentos, xa que algunhas vivendas incluso son puntos de venda de droga", ilustra Francisco, á que vez que explica que ao realizar as actuacións vaise protexido con chalecos "e luvas anticortes".

No caso dos inquilinos que non cumpren coas condicións acordadas actúase de forma diferente. Francisco Ojea asegura que "hai que negociar xa que teñen contrato en vigor". Así, a empresa asesora ao propietario para chegar a acordos cos inquilinos.

Mi Casa no Es la Tuya nace para dar resposta a situacións como a que expón Francisco: "Hai casos de okupas que realquilan estancias da casa". Así, afirma que estes usuarios actualmente senten "protexidos" e que "noutros países en 24 horas desalóxanse mentres que aquí incluso adquiren certos dereitos".

Por agora, os creadores realizaron estudos de mercado. "Aínda non se está xestionando ningún caso, pero nos contactaron", admite Francisco, que xa espera a ter o seu "primeiro cliente oficial".

A empresa de desocupación lucense chega nun momento crítico nun panorama no que, segundo afirma Francisco, un dos fundadores, está a atentarse contra "a propiedade privada, un dos alicerces do estado de dereito, que se atopa en perigo".

Un servizo de asesoría integral

Mi Casa no Es la Tuya baséase nun asesoramento integral para toda persoa que se vexa prexudicada pola ocupación da súa morada. Para contactar coa empresa hai varias posibilidades: a través do correo info@ micasanoeslatuya.com ou polas súas principais redes sociais: Instagram e Facebook.

Un slogan sinxelo
"Apostamos por un logotipo que se inspirase no principio constitucional da inviolabilidad do domicilio", explica Francisco Ojea sobre a identidade visual da súa empresa..