Os empregados da Deputación de Lugo volven o luns ao traballo presencial por quendas

Estableceranse quendas cos que o persoal se turnará para asistir ás dependencias do ente provincial
Pazo de San Marcos. EP
photo_camera Pazo de San Marcos. EP

Os empregados públicos da Deputación de Lugo volverán a partir deste luns ao traballo presencial. Farano de forma progresiva e gradual, distribuídos en quendas estables do 50 por cento dos efectivos en cada servizo.

De igual modo, o luns abrirán as dependencias provinciais á cidadanía, aínda que a atención presencial será con cita previa e continuarase priorizando a telefónica ou telemática para reducir os contactos entre as persoas.

Tal e como recorda a institución, a decisión do teletrabajo foi adoptada desde o pasado luns 18 de xaneiro dentro da súa política de anticipación "e prevención" na loita contra a pandemia logo de detectarse positivos por coronavirus en distintos servizos.

Ademais, este plan levou a priorización das reunións telemáticas, a cancelación de actos públicos e o peche das dependencias da Deputación ao público, entre outras medidas.

A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, subliñou que estas medidas se estableceron "co preservar a seguridade e a saúde dos empregados e empregadas e da propia ciudadania á que se presta servizos". 

Comentarios