O Salón do Automóbil de Lugo contará con 13 concesionarios do 10 ao 12 de marzo

O Pazo de Feiras e Congresos acollerá a cita, na que se presentarán as últimas novidades
Hasta 36 marcas presentarán sus últimas novedades en el Salón del Automóvil
photo_camera Hasta 36 marcas presentarán sus últimas novedades en el Salón del Automóvil

O Pazo de Feiras e Congresos lucense será o escenario do 10 ao 12 de marzo dunha nova edición do Salón do Automóbil de Lugo 2017, que nesta ocasión contará coa presenza de 13 concesionarios e 36 marcas de automóbiles e motos. Segundo informa a organización, o salón celebrarase desde este venres nun espazo expositivo de máis de 10.000 metros cadrados, no que os vehículos de catro rodas serán protagonistas.

Durante o desenvolvemento do salón, os concesionarios participantes presentarán as últimas novidades e modelos das súas marcas, segundo indicou a organización do evento. A inauguración da cita terá lugar ás 13.30 horas deste venres no vestíbulo do Pazo de Feiras e Congresos coa asistencia de diversas autoridades, entre as que se inclúe a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a secretaria do Parlamento de Galicia, Raquel Arias.

Comentarios