O 'primo de Banksy' homenaxea a Rosalía de Castro no Día da Poesía

O artista volve aparecer nas paredes de Lugo tras a súa homenaxe a Castelao a comezos de ano

Malamente. INSTAGRAM
photo_camera O debuxo pode verse na Praza do Campo Castelo. X.C.V.

O artista lucense O primo de Banksy volveu facer das súas nas paredes lucenses despois de homenaxear a comezos de ano a Castelao e a figura da súa "derradeira lección do mestre". 

Desta vez a protagonista é Rosalía de Castro imitando a cantante Rosalía co seu xa famoso "tra tra" e a inscrición "malamente", da popular canción da artista catalá.

O debuxo pode verse na Praza do Campo Castelo da capital lucense.