O PP pregunta a Lara Méndez polo contrato do transporte urbano

Antonio Meijide desexa saber "en que punto se atopa a contratación do novo servizo que leva case dous anos e medio funcionando cun contrato caducado logo de cincuenta anos de vixencia"

O Grupo Municipal do PP no Concello de Lugo preguntou este venres á alcaldesa, Lara Méndez, sobre os seus plans para desbloquear o contrato de transporte urbano logo de vinte e oito meses de trámites.

O concelleiro popular Antonio Ameijide esixiu unha data para a implantación do novo modelo de transporte, tras lamentar que "a falta de toma de decisións da alcaldesa atrasa, aínda máis, a resolución do concurso".


"Queremos saber en que punto atópase a contratación do novo servizo que leva case dous anos e medio funcionando cun contrato caducado logo de cincuenta anos de vixencia", explicou.

Amiejide cualificou como "despropósito" a tramitación deste expediente pola "falta de previsión do PSOE ao deixar caducar un contrato que tiña data de remate -16 de maio de 2013-, por demorar durante anos os trámites para o seu readxudicación e por aprobar un prego de condicións que deixa en mans dunha empresa privada decidir o futuro modelo de transporte da cidade".

Neste contexto, pediu á alcaldesa socialista que "non siga o ronsel do anterior goberno no que cada contrato acababa inmerso nunha interminable espiral de problemas legais ou xudiciais".

Os populares están á espera de que se lles facilite o acceso ao expediente e tamén reclamaron información sobre os ingresos e os gastos de explotación, beneficio industrial e número de viaxeiros dos últimos anos. 

Comentarios