O Ensino consegue ao fin organizar a fase de ascenso a Liga Femenina

A Federación Española de Baloncesto elixe Lugo para a liguiña de acceso á máxima categoría. Disputarase do 23 ao 26 de abril
Ensino y Arxil volverán a verse las caras en la fase de ascenso. En la imagen, un lance del partido de febrero en Lugo
photo_camera Ensino y Arxil volverán a verse las caras en la fase de ascenso. En la imagen, un lance del partido de febrero en Lugo

Á segunda foi a vencida. O Durán Maquinaria Ensino de Lugo será o antitrión finalmente da fase de ascenso á Liga Femenina de baloncesto, segundo a decisión comunicada este luns pola federación española deste deporte, a FEB.

A cita terá lugar do 23 ao 26 de abril, ambos inclusive. Participarán os oito mellores equipos da Liga Femenina 2, divididos en dous grupos. Xogarase unha liguiña a unha volta e os dous primeiros clasificaranse para as finais en forma de aspa (primeiro dun grupo contra segundo do outro). Os gañadores das finais levarán as dúas prazas de ascenso.

Os grupos, determinados pola clasificación na liga regular, estarán formados, o 1, por GDKO Bizkaia, Fundal Alcobendas, Grupo EM Leganés e León Cuna del Parlamentarismo, e o 2, por CREF Hola!, Durán Maquinaria Ensino, CB Arxil, e Plenilunio D.O.

O sorteo que determinará a orde dos grupos para a elaboración do calendario celebrarase na sede da FEB este martes 14, ás catro da tarde.

Lugo xa intentara o ano pasado organizar esta fase de ascenso, pero lla levou finalmente Logroño.

Comentarios