O Concello de Lugo organiza un acto en homenaxe á República

A alcaldesa Lara Méndez leu un manifesto no que se reivindica a democracia repúblicana como solución ao desemprego ou os desafiuzamentos

O Concello de Lugo organizou este xoves un acto para conmemorar os 85 anos de proclamación da II República, que incluíu a lectura dun manifesto por parte da alcaldesa socialista Lara Méndez e unha ofrenda floral no monumento na Praza da Soidade que recorda ese sistema político

A rexedora xustificou esta conmemoración porque asegurou que a República trouxo a primeira democracia a España e, de feito, o manifesto revindica a democracia republicana como a solución ao desemprego e os desafiuzamentos, "entre outras lacras que afogan a millóns de persoas". Ao acto non asistiron representantes dos grupos de PP e Cidadáns.

Comentarios