Unha Ronda da Muralla cun único carril para tráfico?

Arroxo di que a tractorada demostrou que é posible vivir "perfectamente sen circular" pola vía
Un autobús pasa al lado de unos tractores en la Ronda da Muralla, durante la tractorada
photo_camera Un autobús pasa al lado de unos tractores en la Ronda da Muralla, durante la tractorada

O BNG-Asembleas Abertas anunciou este xoves que exporá en Lugo que na Ronda da Muralla "exista un único carril de tráfico acougado, con amplas beirarrúas e espazo para o uso da bicicleta".

O portavoz nacionalista, Rubén Arroxo, amparouse na recente tractorada, que limitou a un carril o tráfico por esta arteria que rodea a muralla. "Durante os días pasados os lucenses vivimos perfectamente sen circular pola Ronda", xustificou.

Para Arroxo, a peonalización "ten que ser un obxectivo para a cidade". "Éste é o momento de avanzar nun Lugo á altura do século XXI", engadiu.

comentarios