miércoles. 08.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.04.2020
El tiempo

O alcalde de Baralla está "satisfeito" tras o arquivo da denuncia por inxurias

El alcalde de Baralla, Manuel González Capón
El alcalde de Baralla, Manuel González Capón
A Fiscalía Xeral do Estado non investigará declaracións de políticos contra as vítimas do franquismo por falta de elementos suficientes para exercer accións penais ou civís

O alcalde de Baralla, Manuel González Capón, mostrouse este xoves "satisfeito" tras o arquivo da denuncia presentada pola Asociación para a Recuperación de la Memoria Histórica, por supostas inxurias a vítimas da ditadura franquista.

A Fiscalía General del Estado rexeitou investigar a políticos por facer declaracións que atentarían contra as vítimas do franquismo, tal e como lle pediu a Asociación para a Recuperación de la Memoria Histórica (ARMH) o pasado xullo.

Nun escrito asinado polo fiscal xefe da Secretaría Técnica de la Fiscalía e datado o pasado 5 de agosto, ao que tivo acceso Efe, comunícase á ARMH que non se atoparon "elementos suficientes como para exercer accións penais ou civís" tras a análise do informe que presentou a asociación recollendo diversos recortes de prensa con declaracións de políticos, entre eles, González Capón.

"Estou satisfeito, non esperaba outra cousa. Non tiña excesivo percorrido, na miña opinión, foi un tema explicado no seu momento, pediuse desculpas, non se dixo con esa intención, estaba tranquilo pero hoxe máis, claro. Pero esperábao", dixo en declaracións a Efe.

González Capón dixo no pleno municipal do mes de xullo de 2014 distintas expresións sobre as vítimas do franquismo, entre elas, que "o merecían", manifestación pola que posteriormente pediu desculpas.

O alcalde de Baralla está "satisfeito" tras o arquivo da denuncia...
Comentarios