viernes. 05.06.2020 |
El tiempo
viernes. 05.06.2020
El tiempo

Os edís do PSdeG en Lugo doarán 6.000 euros para atender a alumnos con dificultades

Miguel Fernández. VICTORIA RODRÍGUEZ
Miguel Fernández. VICTORIA RODRÍGUEZ
O diñeiro irá destinado ás Anpas dos colexios públicos do municipio para que "ningún neno lucense quede atrás por culpa da pandemia"

O PSdeG informou de que os seus edís no Concello de Lugo doarán 6.000 euros ás Anpas dos colexios públicos do municipio para que poidan empregar ese diñeiro en atender ás necesidades "do alumnado con maiores dificultades", co obxectivo último de que "ningún neno lucense quede atrás por culpa da pandemia".

O portavoz socialista Miguel Fernández precisou que os concelleiros socialistas súmanse así "aos xestos solidarios da cidadanía", aínda que tamén aclara que esta decisión en ningún caso "substitúe á xestión do goberno local, que está a articular todo tipo de medidas, sociais e económicas, para paliar os efectos das crises".

"Pensamos nun dos colectivos máis sensibles da poboación, como son os nenos, porque xunto cos maiores son a parte máis débil da sociedade, á que queremos protexer e coidar nesta situación de urxencia, sen precedentes, que está a xerar a propagación do coronavirus".

Os cinco concelleiros do Bloque e os do PP con dedicación exclusiva cederán unha parte do seu salario para contribuír á loita contra o coronavirus

BNG. En canto aos seus socios de goberno, os cinco concelleiros que integran o grupo municipal do BNG tamén informaron de que doarán "unha parte do seu salario no mes de abril a entidades que traballan con colectivos que se atopan nunha situación de risco", como conscuencia desta urxencia sanitaria. "Como organización, non cremos neste tipo de medidas, pero hai colectivos que están nunha situación de urxencia extrema e necesitan de toda a axuda posible", dixo o tenente de alcalde, Rubén Arroxo.

PP. Pola súa banda, os concelleiros do Partido Popular con dedicación exclusiva no Concello de Lugo anunciaron que doarán o 30% do seu salario á loita contra o coronavirus, mentres que os demais edís do grupo municipal renunciarán a unha parte das indemnizacións pola asistencia a órganos colexiados municipais.

Os populares afirman que se trata dun "xesto de solidariedade cos sectores máis vulnerables afectados pola crise do coronavirus", ademais de informar que o diñeiro que cederán de forma voluntaria irá destinado á "adquisición de material de protección" persoal, "determinante para pór freo a esta pandemia". 

Os edís do PSdeG en Lugo doarán 6.000 euros para atender a alumnos...
comentarios