Édgar Bao lanza disco e avanza no seu reto de abrirse un oco na industria musical

O mozo lucense deuse a coñecer tras a súa participación no programa 'La voz kids'
Édgar Bao. SEBAS SENANDE (AEP)
photo_camera Édgar Bao. SEBAS SENANDE (AEP)

O lucense Édgar Bao lanza este venres o seu disco. O mozo cantante lucense saca á luz o seu traballo discográfico cargado de ilusión por chegar a facer unha brillante carreira musical.

O mozo lucense, que fixo os seus primeiros primeiros pasos para darse a coñecer no programa 'La voz kids', xa adiantou parte do traballo discográfico nas redes hai uns días, presentando o single de 'A un paso de tu amor'. O disco do adolescente lucense está dispoñible desde este venres en todas as plataformas dixitais, desde as que aspira a chegar a un amplo espectro de público.

O lucense leva anos traballando no obxectivo de facerse un oco no panorama musical e ata agora foi abrindo distintos espazos e dándose a coñecer entre o público en concertos. Desde que comezou a traballar na súa carreira musical conseguiu obxectivos como o de tocar nas festas de San Froilán.

Comentarios