Venda de chocolatinas

Down Lugo celebra os seus 20 anos e reivindica o dereito á igualdade

No acto premiouse a Gonzalo Corredoira e a fundación Alcoa pola súa implicación na loita pola integración
En la gala del Círculo de las Artes hubo varias actuaciones
photo_camera En la gala del Círculo de las Artes hubo varias actuaciones

Down Lugo celebrou este domingo os vinte anos da asociación cunha gala no Círculo que serviu para reivindicar a igualdade e a autonomía das persoas con síndrome de Down. No acto entregáronse os III Premios Down Galicia, que distinguiron o apoio a esa loita pola integración. Así, galardoouse a Gonzalo Corredoira, pola súa implicación co programa de emprego con respaldo de Down Lugo, e a Fundación Alcoa, pola súa colaboración coa entidade a través de programas de voluntariado desde hai máis de 10 anos.

O conselleiro de Política Social, Javier Rei Varela, uniuse á celebración, que tivo lugar na véspera do Día Internacional da Síndrome de Down. Estivo acompañado pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro. Tamén estiveron presentes, entre outras autoridades, a alcaldesa, Lara Méndez, e o subdelegado do Goberno, Ramón Carballo.

Nos últimos sete anos, a Xunta aumentou un 78% o importe do convenio que asina anualmente con Down Lugo



Rei Varela anunciou que a consellería acaba de asinar varios contratos de xestión, en réxime de concerto, con entidades de apoio a persoas con síndrome de Down para a prestación de formación prelaboral, logopedia e adestramento de habilidades persoais e sociais a persoas con discapacidade intelectual no Concello de Lugo, entre outros. apostou pola integración plena e engadiu que, nos últimos sete anos, a Xunta aumentou nun 78% o importe do convenio que asina anualmente con Down Lugo ata chegar aos 446.838 euros actuais.

Durante a gala, tamén se representou unha obra teatral e proxectouse un vídeo realizado polo TIC, que foi visto polos 400 invitados. Este audiovisual recolle escenas cotiás dos usuarios, que reflicten o esforzo que o colectivo está a facer para conseguir a integración plena dos seus usuarios na sociedade. 

O vídeo mostra o traballo que os usuarios fan nun dos talleres ocupacionais, a visita a un centro de saúde, nas horas de lecer nunha cafetería ou xogando ao tenis de mesa cos seus adestradores, entre outras actividades coas que procuran potenciar a súa autonomía.

comentarios