Dous alumnos do CIFP Politécnico acadan o segundo premio en Eduemprende Idea

CERTAME ► Co proxecto Agrolucus deseñaron un invernadoiro automatizado
Os alumnos que obtiveron o premio no concurso Eduemprende Idea, e nos extraordinarios de FP. EP
photo_camera Os alumnos que obtiveron o premio no concurso Eduemprende Idea, e nos extraordinarios de FP. EP

DOUS ALUMNOS do CIFP Politécnico de Lugo, Elías Blanco Castro e Alejandro López Fontán, veñen de ganar o segundo premio dentro da modalidade correspondente a ciclos superiores do concurso Eduemprende Idea 2020, un certame que convoca o Igape dentro do marco do Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia, que pretende potenciar a realización de proxectos empresariais do alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia.

O proxecto presentado por estes alumnos do ciclo superior de Automatización e Robótica Industrial, dirixidos polo seu profesorado leva por título Agrolucus e consiste nun invernadoiro automatizado no que a través do móbil se controlan variables como: temperatura, humidade, etc.

Nestes premios téñense en conta a viabilidade técnica, financeira e comercial do proxecto así como a coherencia e o carácter innovador dos proxectos.

Estes dous alumnos de momento non teñen pensado converter o proxecto en realidade, porque actualmente están moi ocupados cursando o segundo curso do ciclo formativo, pero segundo indicaron tampouco descartan facelo máis adiante, nun futuro a curto ou medio prazo.

Premiado nos extraordinarios de FP. EPPremios extraordinarios de FP

No pasado mes de novembro, falláronse os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior para alumnado que finalizara as súas ensinanzas no curso 2018/2019 cunha alta calificación final do ciclo. Un alumno da familia profesional de Edificación e Obra Civil, que cursou no CIFP Politécnico de Lugo o Ciclo Superior de proxectos de edificación, Jesús Angel Martín Blanco, recibiu o premio extraordinario correspondente á súa familia profesional.

O obxectivo destes premios é recoñecer públicamente os méritos excepcionáis basados no esforzo e traballo do alumnado e forma parte das iniciativas para por en valor a excelencia educativa galega. Os premiados ademais de recibir unha dotación económica pasan a concurrir á fase nacional destes premios. Estas actuacións, que nacen baixo o amparo da Consellería de Educación, tratan de fomentar e por en valor a excelencia dentro do sistema educativo galego.

CIFP POLITÉCNICO
Dirección ▶ Rúa Armando Durán, 1.
Teléfono ▶ 982.220.328
www.politecnicolugo.org
Email ▶ cifp.politecnico.lugo@edu. xunta.gal.
Instagram ▶ CIFP Politecnico de Lugo.
Facebook ▶ CIFP Politecnico de Lugo.

Comentarios