Dúas asociacións piden á Xunta e á CHMS que sancionen ao Concello polo dique do Miño

Adega e Lugo de cara ao Miño denuncian que nas obras de retirada "incumpríronse" as condicións do proxecto
Consolidación del dique, en diciembre del año pasado
photo_camera Consolidación del dique, en diciembre del año pasado

Dúas asociacións anunciaron este xoves que pediron á Xunta e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil a apertura dun expediente sancionador ao Concello de Lugo e a unha construtora por unhas obras de retirada do dique da fábrica da luz nun espazo protexido do río Miño.

As asociacións Lugo de cara ao Miño e Adega denuncian que nas obras incumpríronse case a totalidade dos condicionantes para a retirada da ataguía ilegal" construída sobre o leito do río Miño.

Indican que informaron á Dirección xeral de Conservación da Natureza, dependente da Xunta, e á Confederación fluvial, vinculada ao Goberno central, de que "as obras de reposición ao estado primitivo da zona afectada" estaban enfangando "o leito fluvial", advertindo de que é "un espazo protexido pola Rede Natura".

Así mesmo, indicaron sinalan que a empresa concesionaria das obras estaba a traballar "con maquinaria dentro da canle" do Miño, algo "especificamente prohibido" no informe de resolución de reposición, xa que se trata dunha zona de "especies e hábitats protexidos".

As asociacións subliñan que, ademais, a empresa anunciou que non podería cumprir o prazo límite establecido das obras, de cinco días hábiles. Segundo as citadas asociacións que defenden o hábitat natural da zona, un informe do departamento de vixilancia e inspección da Confederación hidráulica, encargada de supervisar as obras, apunta que "a lámina impermeable que se tiña que colocar á beira da ataguía para evitar que a auga se enfangase" foi instalada "logo de iniciar os traballos de retirada da terra".

Comentarios