O Domingo das Mozas abarrota Lugo

O acceso ao recinto feiral volveu estar marcado polas ringleiras, nunha xornada na que tamén se encheu o centro histórico

Varias personas bailando junto a la Praza do Campo. SEBAS SENANDE
photo_camera Varias persoas bailando xunto á Praza do Campo. SEBAS SENANDE

O Domingo das Mozas preveíase abarrotado e os prognósticos cumpríronse. Tanto o recinto feiral como o casco histórico de Lugo fóronse enchendo cada vez máis, ata ofrecer a imaxe do San Froilán de antano, coas rúas cheas.

Tras unha xornada —a do sábado— na que se rexistraron esperas de ata unha hora para gozar das atraccións do feiral, este domingo as ringleiras bateron récords. As forzas e corpos de seguridade percorreron o recinto feiral durante todo o día para evitar incidentes, pero todo transcorreu con normalidade.

Feiral

► En Vídeo: Un paseo por Lugo no Domingo das Mozas 

Ao mesmo tiempo, no casco histórico, atopar unha mesa libre nunha terraza tamén resultaba complicado. Así, nenos e maiores gozaron dun Domingo das Mozas animado polo son das gaitas e pandeiretas e engalanado polos numerosos lucenses e visitantes que optaron por vestir o traxe tradicional.

Esta é tamén a xornada da ofrenda a Rosalía de Castro, a cargo nesta ocasión da xornalista, escritora e artista Nieves Neira Roca. Realizou unha coidada posta en escena, con movemento, poesía, fotografía e música. 

Nieves Neira, na ofrenda a Rosalía de Castro. VICTORIA RODRÍGUEZ

No menú musical, os pratos fortes da noite servíronos dúas voces moi personais, as de Guadi Galego e Ángel Stanich.

Comentarios