O DJ Manu Chady ofrecerá unha sesión de 24 horas en apoio ao lecer nocturno

Este acto reivindicativo será retransmitido este sábado online por Twitch e Facebook e contará con numerosos invitados
Manu Chady pinchará durante 24 horas ininterrumpidas. XESÚS PONTE
photo_camera Manu Chady pinchará durante 24 horas ininterrompidas. XESÚS PONTE

O disc-jockey lucense Manu Chady ofrecerá este sábado, a partir das 23.30 horas, unha sesión online de 24 ininterrompidas, como un acto reivindicativo e de apoio ao sector do lecer nocturno, que atravesa por unha das súas peores etapas, logo de acumular, ata o momento, 14 meses de peche. O evento será gratuíto e transmitirá as ganas do sector por volver reabrir os seus establecementos. 

A emisión do evento realizarase a través de streaming mediante a plataforma Twitch e un directo vía Facebook. O DJ lucense, e o seu equipo de produción e audio, desprazaranse ata a discoteca Hermo, en Muimenta, para realizar este despregamento musical sen precedentes na provincia. 

Por razóns de seguridade debido ao covid, o evento realizarase a porta pechada, sen admitir público no seu interior. 

O desafío musical de Manu Chady non se converterá nunha cruzada individual, posto que contará coa colaboración dalgúns dos DJ e produtores máis relevantes das últimas décadas tanto no panorama nacional como no internacional. 

Así as cousas, os DJ Paco Pil e Albert Neve, cunha ampla traxectoria profesional na música de bailes e a produción de coñecidas cancións, serán algúns dos rostros famosos que serán entrevistados en directo por Manu Chady. Sergei Rez, portavoz da Asociación Española de DJ e Produtores (AEDyP) e un dos máis recoñecidos youtubers musicais, é outro dos protagonistas deste directo de 24 horas ininterrompidas de cancións e entrevistas. 

Un dos pratos fortes deste reto chegará coa incursión que realizarán os membros de El Combo Dominicano, unha das formacións máis relevantes en España. 

Tamén estarán o Grupo Beatriz, así como empresarios e persoal do lecer nocturno.

Comentarios