A discoteca Puro Teatro perde a licenza e tramítanse expedientes ás Palmeiras e Euforia

A Policía Local realizou 62 denuncias a locais de lecer nocturno en dez meses e precintou oito, segundo o balance realizado pola alcaldesa e o xefe do corpo de seguridade
La discoteca Puro Teatro, de Doutor Fleming. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera La discoteca Puro Teatro, de Doutor Fleming. VICTORIA RODRÍGUEZ

A discoteca Puro Teatrosituada nas inmediacións da Avenida Ramón Ferreiro, perdeu a licenza de actividade, e o Concello está a tramitar expediente a outros dous locais de lecer nocturno que xeran moitas queixas de veciños e ao redor dos cales adoitan producirse altercados: As Palmeiras, na Rúa Tui, e Euforia, na Ronda da Muralla, preto da porta de Santiago.

Son datos que forman parte do balance presentado este xoves pola alcaldesa, Lara Méndez, e o xefe da Policía Local, Jesús Piñeiro, sobre o labor de inspección do lecer nocturno que o Concello vén realizando de forma especialmente intensa desde abril do ano pasado, cando terminaron as restricións polo covid.

Nestes dez meses, os axentes da Policía Local realizaron 115 intervencións en locais de hostalería que deron lugar a 62 denuncias e o precinto de oito locais. 

Tanto a alcaldesa como Piñeiro incidiron en que, en xeral, o comportamento do sector da hostalería e dos usuarios é bo e en que Lugo é "unha cidade segura e tranquila", como demostran as estatísticas, afirmou Méndez, pero existe —recoñeceron— "unha minoría" de locais que incumpren a normativa "e contra vos que xa estamos a actuar".