A Deputación de Lugo volve ofrecer o Pazo dos Deportes para a vacinación masiva

Asegura que facilitará cualquier instalación de su propiedad a las autoridades sanitarias
undefined
photo_camera O Pazo dos Deportes. ARQUIVO

O deputado responsable da área de Deportes na Deputación de Lugo, o nacionalista Efrén Castro, volveu ofrecer á Xunta de Galicia o Pazo Universitario dos Deportes para realizar vacinacións masivas fronte ao covid-19

"Vendo os plans que están a facer noutros países ou noutras comunidades autónomas —Madrid co Wanda Metropolitano, por exemplo—, que están a ofrecer as súas instalacións deportivas polas súas características, o que facemos é un ofrecemento público para que se así o desexan, conten coas nosas instalacións", manifestou. 

O nacionalista explicou que se ofrece o Pazo dos Deportes ao considerar que "parece" a instalación "máis adecuada", con varios aparcadoiros grandes. Con todo, subliña que "calquera instalación propiedade da Deputación que as autoridades sanitarias consideren adecuadas para a vacinación" poderase facilitar. 

Efrén Castro sinalou que en Israel, "o país máis avanzado" na inmunización da súa poboación, úsanse este tipo de espazos, así como aparcadoiros grandes para "meter toda a infraestrutura que se necesite". Nese sentido, subliña que no Pazo caben "unha chea de coches", "está ben situado para ir a pé ou en coche" e tamén "moi ben comunicado" para aquelas persoas que acudan de fóra da cidade de Lugo. 

Comentarios