A Deputación de Lugo reforzou as medidas para minimizar os riscos de propagación do covid-19 tras o positivo nunha persoa traballadora das oficinas de Recadación, situadas na rúa Tui.
Segundo informa a institución provincial, reforzáronse as medidas "en base aos protocolos propios deseñados polo servizo de prevención".
En concreto, explica que se fixo cribado con probas de diagnosis do covid-19 aos traballadores e traballadoras do servizo provincial de Recadación.
Ademais, precisa que os contactos estreitos atópanse traballando a distancia como medida de prevención. "O persoal deste departamento realizará traballo a distancia ata o seu traslado ás novas dependencias do Fogar de Santa"María , engade.