A Deputación de Lugo insta á Xunta a recoñecer o Día da Galicia Mártir

A data coincide co aniversario do fusilamento de Alexandre Bóveda
Efrén Castro, portavoz del BNG. VILA
photo_camera Efrén Castro, portavoz do BNG. VILA

A Deputación de Lugo aprobou este martes, cos votos dos socios do goberno bipartito, a moción do BNG para instar á Xunta a recoñecer o 17 de agosto, data que coincide co aniversario do fusilamento de Alexandre Bóveda, como Día da Galicia Mártir.

A iniciativa insta á Administración galega a recoñecer a celebración nacional en Galicia, en memoria e homenaxe de todas as galegas e galegos que deron a súa vida ou padeceron o exilio por defender as liberdades e dereitos democráticos e nacionais do pobo galego, plasmados dentro do marco constitucional entón vixente".

"O Día da Galiza Mártir pretende homenaxear ás persoas asasinadas e represaliadas por defender os dereitos democráticos", segundo Efrén Castro

A proposta, presentada polo BNG e apoiada polo PSDEG, saíu adiante a pesar da oposición do Partido Popular que, segundo os nacionalistas, "púxose de perfil" no transcurso do debate.

O portavoz do BNG, Efrén Castro, dixo que os populares evidenciaron no pleno "un xiro", que fai que "estas propostas, que son unha reivindicación histórica" do partido nacionalista, "sexan hoxe máis necesarias que nunca". "O Día da Galiza Mártir pretende homenaxear ás persoas asasinadas e represaliadas por defender os dereitos democráticos. As institucións temos a obrigación de contar a historia como foi e repor ás vítimas", concluíu Castro

Comentarios