A Deputación de Lugo enxalza o "emblemático" labor da Asociación de Vecinos da Milagrosa

Tomé aproveitou para insistir en que non lle pareceu "ben" pór "o foco" do coronavirus "sobre un barrio en concreto, porque o problema é un problema de cidade"
Imagen del acto. DEPUTACIÓN DE LUGO
photo_camera Imaxe do acto. DEPUTACIÓN DE LUGO

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, enxalzou a "emblemátia" traxectoria e labor realizado na cidade de Lugo pola Asociación de Vecinos do barrio da Milagrosa, que celebra o seu trixésimo aniversario. 

Este xoves, Tomé e o presidente da Federación de Asociaciones de Vecinos de Lugo, Jesús Vázquez, selaron un acordo para destinar unha axuda de 20.000 euros á asociación para a realización das actividades que conmemorarán as súas tres décadas de existencia. 

En palabras do presidente provicial, trátase dunha asociación "emblemática na cidade de Lugo que cumpre trinta anos visibilizando e dinamizando" o barrio da Milagrosa. 

Este mesmo barrio mantivo restricións pola incidencia do coronavirus ata a xornada do mércores, cando a Xunta ordenou que se relaxasen as medidas ante a mellora da situación epidemiolóxica

Tomé aproveitou para insistir en que "non lle pareceu "ben" pór "o foco deste problema sobre un barrio en concreto, porque o problema é un problema de cidade". 

"Era innecesario sinalar co dedo como se fixo, e alégrome moito de que se levantaron esas restricións e que queden ao mesmo nivel do resto da cidade. A Milagrosa non é unha illa aparte, forma parte da capital da provincia e ten que ter o mesmo trato que o resto dos barrios", concluíu. 

Comentarios