martes. 25.02.2020 |
El tiempo
martes. 25.02.2020
El tiempo

A Deputación de Lugo distribuirá disfibriladores en 49 concellos

Interior da Deputación de Lugo. EP
Interior da Deputación de Lugo. EP
Con este programa, o 72% do territorio lucense queda protexido de calquera cardiopatía

A Deputación de Lugo distribuirá disfibriladores en 49 concellos da provincia a través dun programa que tamén inclúe medidas de formación para o persoal municipal. 

Diso informou o presidente provincial, José Tomei, na rolda de prensa posterior á xunta de goberno na que aprobaron o convenio marco para a distribución de disfibriladores entre os municipios que decidan de xeito voluntario adherirse á iniciativa. 

Tomei precisou que se trata dun programa para dotar á provincia dun sistema de desfibriladores para que Lugo "sexa unha provincia cardioprotegida", dado que con este programa alcanzarase "o 72 por cento do territorio provincial" a finais de ano. 

Cada concello (polo momento son 49) que decida participar no programa recibirá 70.000 euros que, ademais de cubrir a adquisición do equipo, irán destinados á formación do persoal municipal. 

Así, segundo detallou Tomei, serán os propios gobernos municipais os que decidan onde se instalarán os desfibriladores: consistorios, polideportivos ou casas culturais. 

Tomei destacou que este proxecto figuraba entre os obxectivos da investidura e que ten o seu reflexo nos presupestos da deputación para este ano. 

A Deputación de Lugo distribuirá disfibriladores en 49 concellos
Comentarios