A Deputación Lugo desinfecta de forma preventiva as súas residencias de maiores

Eses traballos desenvolveranse mentres permaneza o estado de alarma
Pablo Rivera, en rueda de prensa. EP
photo_camera Pablo Rivera. EP

A Deputación de Lugo informou de que esta mañá comezaron os traballos de limpeza e desinfección que, con carácter preventivo, vai realizar nos catro centros de atención a persoas maiores que dependen da institución provincial, nos municipios de Pol, Trabada, Ribadeo e A Fonsagrada.

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, precisou que esta medida está incluso por encima “dos propios protocolos establecidos polas autoridades sanitarias contra o Covid-19 neste tipo de instalacións”, pero a desinfección faise porque a Deputación “segue extremando as precaucións para minimizar o risco de contagios nas residencias”.

Eses traballos de desinfección desenvolveranse mentres permaneza o estado de alarma.

“Cada un dos centros limparase dúas veces á semana e os traballos faranse de forma exhaustiva, tanto no interior como no exterior dos edificios, coa finalidade de cubrir todas as zonas coas que a diario tanto os usuarios e usuarias como o persoal dos centros teñen contacto”, engadiu o deputado.

Rivera explica que “é fundamental protexer ás persoas maiores, dado que son as máis vulnerables"

Desas tarefas está a ocuparse a empresa pública Tragsa, que é medio propio da Deputación, polo que se realiza por parte de persoal “formado e cualificado na utilización dos produtos químicos autorizados polo Ministerio de Sanidade”.

Rivera explicaba que “é fundamental protexer ás persoas maiores, dado que son as máis vulnerables, xunto ás que padecen patoloxías previas”.

Por outra banda, a Xunta de Galicia informou de que, a través dos profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, ha desinfectado a contorna de 63 centros de saúde e residencias en 45 municipios da provincia de Lugo “na primeira semana de colaboración no marco da situación de urxencia declarada a causa do coronavirus”.

Comentarios