Europa Press

A Deputación de Lugo colabora na formación para o uso materiais sostibles para construción 

Os cursos ofreceranse ata o sábado na sede da Escola Politécnica
Pablo Rivera. EFE
photo_camera Pablo Rivera. EFE

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón, asistiu este xoves á apertura do curso de Construción con Madeira Contralaminada, impulsado polo Concello de Lugo co apoio da institución provincial.

As accións formativas estenderanse ata o sábado na sede da Escola Politécnica, no marco do proxecto Life Lugo+Biodinámico para fomentar o desenvolvemento dunha economía e emprego social sostible.

Rivera Capón destacou a importancia a nivel nacional da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e de proxectos que apostan pola formación de calidade e o uso da tecnoloxía nas técnicas tradicionais. 

Comentarios