miércoles. 23.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 23.06.2021
El tiempo

Asignados outros 54 hortos urbanos na contorna do río Rato

Hortos urbanos na contorna do Rato. AEP

Nos próximos meses abrirase un novo procedemento para asignar os restantes que quedan libres

A Deputación de Lugo asignou este venres, tras a xunta de goberno provincial, outros 54 hortos urbanos, na contorna do río Rato, de forma que xa ascenden a 109 as parcelas ocupadas. 

Diso informou o presidente provincial, José Tomé, quen explicou que esta adxudicación se fixo a través dun proceso de concorrencia competitiva, no que primaron criterios sociais como vén sendo habitual. Así, entre outras cuestións, tívose en conta o estar en situación de desemprego, ser representante dun centro educativo ou traballar para un colectivo social, entre outros méritos de calado social". 

"No mes de marzo entregamos xa 55 hortos urbanos do Rato entre os usuarios e usuarias que xa traballan neles e, con esta nova asignación de 54 parcelas, suman xa 109 os hortos adxudicados dos 150 habilitados", explicou para precisar que, para cubrir os outros que quedan libres, abrirase un novo procedemento nos próximos meses". 

Na xunta de goberno tamén se aprobou "a licitación, por un importe de 54.450 euros, do contrato para a prestación do servizo de mudanza e traslado de diferentes servizos da deputación ao Fogar de Santa María, logo das obras que desde hai anos veñen facendo para rehabilitar varios pavillóns". 

Unha vez concluídas os traballos no Fogar de Santa "María procédese agora á contratación do traslado de mobiliario e equipamento, das mudanzas dos servizos que van ir para alí". En concreto, trátase dos servizos de recadación, os de cooperación e asistencia aos concellos, o servizo de medio ambiente, formación e asistencia xurídica".
 
Tomei confía en que, a mediados de setembro, xa todos estes servizos sexan trasladados a ese complexo que queda ao carón da comisaría provincial, entre a Rolda da Muralla e a rúa Chantada na cidade de Lugo. 

No mesmo encontro do goberno provincial, avanzouse na posta en marcha do programa LugoTermal, coa adxudicación do contrato con tres balnearios da provincia; o da cidade amurallada, o de Palas de Rei e Pantón. 

Asignados outros 54 hortos urbanos na contorna do río Rato