A Deputación colabora con 12.000 euros na celebración da Semana Santa de Lugo

A programación arrincará o 16 de marzo cun concerto da Banda Filarmónica de Lugo
A Deputación De Lugo Colabora Na Celebración Da Semana Santa De Lugo
photo_camera A Deputación de Lugo colabora na celebración da Semana Santa de Lugo. DEPUTACIÓN DE LUGO
O Deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón, participou este xoves 29 na presentación da programación da Semana Santa de Lugo 2024, coa que a institución provincial colabora cunha achega de 12.000 euros

Durante o acto, Pablo Rivera eloxiou o traballo das Confrarías por sacar adiante un programa de actos atractivo e que conxuga "aspectos relixiosos cos culturais nunha oferta consolidada xa como un dos grandes aliados turísticos de Lugo e do conxunto da provincia". 

Ademais, o deputado felicitou á Confraría do Buen Jesús, que cumpre 75 anos e que "é todo un símbolo da vitalidade da Semana Santa lucense", unha celebración que destaca "pola singularidade de pasos como o das Caladiñas, ou o da Virxe da Esperanza, atraendo cada vez a máis visitantes". 

A Semana Santa de Lugo arrincará o 16 de marzo cun concerto da Banda Filarmónica de Lugo, e o 18 de marzo terá lugar o pregón a cargo do sacerdote e secretario xeral adxunto da provincia eclesiástica de Madrid, Andrés Ramos Castro.

Comentarios