A Deputación abre o prazo de inscrición para o programa 'Coñece a túa provincia'

Na súa segunda tempada, esta iniciativa ofertará un total de de 3.036 prazas, que se dividirán entre primavera (1.794) e outono (1.242)
La diputada Pilar García Porto. ADRA PALLÓN
photo_camera A deputada Pilar García Porto. ADRA PALLÓN

A Deputación de Lugo abriu o prazo de inscrición para a segunda tempada de Coñece a túa provincia, programa no que ofertará un total de de 3.036 prazas, que se dividirán entre primavera (1.794) e outono (1.242). 

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou as bases da convocatoria da iniciativa que, posta en marcha en 2021, busca "fomentar o turismo de proximidade entre os veciños e veciñas para contribuír á recuperación do sector do turismo, hostalería e comercio fronte ao impacto da pandemia", tal e como destacou a deputada provincial Pilar García Porto

Outro dos alicerces sobre os que sustenta esta iniciativa é a de avanzar "cara a un modelo de turismo sostible e desestacionalizado co que atraer visitantes ao longo de todo o"ano . Do mesmo xeito que na primeira edición, todas as entidades interesadas poderán presentar unha solicitude, que terán que enviar vía telemática á sede electrónica da institución provincial, entregala no Rexistro da Deputación ou tamén nas oficinas de Correos.

UN TOTAL DE 37 ITINERARIOS. Nesta edición, mantense a oferta de itinerarios con respecto á edición do paso ano. As asociacións interesadas poderán elixir entre 37 percorridos polo patrimonio natural, histórico, cultural e gastronómico de toda a provincia de Lugo. En total, hai oito rutas dispoñibles pola Mariña, 10 pola Ribeira Sacra, oito pola zonade Ancares-Courel e 11 pola comarca de Lugo e Terra Chá.

Cada viaxe concedida incluirá o transporte para os traslados de ida e volta, póliza de seguros, menú e entradas a diferentes lugares de interese. "Todo, gratuíto", puntualiza Pilar García Porto, que destaca que Coñece a túa provincia visitará aqueles lugares nos que se cumpra coas medidas de seguridade contra o covid-19. 

Comentarios